A célula é a unidade fundamental. tanto de estructura como de función, é dicir, o fragmento máis diminuto que ostenta todas as características dos seres vivos.
Estructura da célula eucariota.
Son moito máis grandes que as procariotas. Poden ser animáis ou vexetais. Teñen omaterial xenético dentro do núcleo rodeado por unha membrana nuclear. Na célula eucariota distinguense: - Membrana plasmática: Capa continua que rodea a célula e controla o intercambio de substancias co exterior. -Citoplasma: Contido da célula, situado entre a membrana plasmática e a membrana nuclear. Está constituído por un medio líquido ( citosol ) formado por auga e todas as substancias solubles dos citoplasma, onde están dispersos os orgánulos celulares. -Núcleo: Orgánulo que dirixe a actividade da célula. Está rodeado por unha dobre membrana que posúe poros. contén un líquido ( nucleoplasma ) onde se atopan os nucleolos e cromatina. ·Nucleolo: Está formado por ARN e prteínas e intervén na información dos ribosomas. ·Cromatina: Está formada por ADN e proteínas. As células vexetais tamén teñen: -Parede celular: Recobre e protexe a membrana, contituída por unha trama de fibrilas de celulosa acompañada de outros compoñentes. -Cloroplastos: Orgánulos onde se realiza a fotosíntese. -Vacúolos: Cavidades onde a célula garda distintas substancias.
Estructura da célula procariota.
Non posúen núcleo diferenciado, polo cal, o material xenético está disperso polo citoplasma. Teñen parede celular, que se encontra encontacto co exterior dando resistencia á célula. Poden ter tamén estructuras para a súa movilidade, así como cilios ou flaxelos. Os ribosomas son os únicos orgánulos que posúe. Teñen unha parede bacteriana que rodea a membrana e dá forma á célula.