-Aparello de golgi: Conxunto de membranas, con forma de sacos, dos que se desprenden vesículas. Modifica os productos que veñen do retículo endoplasmático, preparándoos para a secreción. -Lisosomas: Vesísculas que se forman no aparello de golgi. Conteñen enzimas dixestivos que hidrolizan biomoléculas e estructuras celulares. Se a membrana dos lisosomas rompese, a célula sería destruída.
Retículo endoplasmático.
-Retículo endoplasmático rugoso: Ten ribosomas adheridos á súa superficie, que sintetizan proteínas para a propia célula, como hemoglobina, ou destinadas á secreción, como anticorpos ou enzimas dixestivos. -Retículo endoplasmático liso: Carece de ribosomas. Posúe funciónsrelacionadas coa síntese de lípidos.
Mitocondria.
Son orgánulos cunha dobre membrana. A interna forma as cristas mitocondriais, onde están os enzimas da respiración celular.
Vacúolo.
Almacenan substancias e están moi desenvolvidas nas células vexetais.
Plastos y cloroplastos.
-Plastos: Orgánulos exclusivos das células vexetais. sintetizan pigmentos e outros productos e acumulan substancias de reserva. -Cloroplastos: Orgánulos con dobre membrana. A interna forma un sistema de sáculos membranosos amoreados ou tilacoides, nos que se atopa a clorofila onde ten lugar a fase luminosa de fotosíntese.
ORGÁNULOS QUE NON PRESENTAN MEMBRANAS.
Ribosomas.
Formados por ARN e proteínas. Estánno citoplasma, libres ou sobre as membranas do retículo endoplasmático. A súa función é sintetizar proteínas.
Centrosoma.
Orgánulo exclusivodas células animais, formado por dous centríolos situados perpendicularmente entre si, dos que irradian microtúbulos en todas as direccións. Organiza o citoesqueleto e orixina a formación do fuso acromáticos durante a mitose.
Citoesqueleto.
Rede de filamentos proteicos que se estende por todoo citoplasma. -Microfilamentos: Son responsables da contracción muscular, os movementos do citoplasma e a formación dos pseudópodos. Tamén forman o anel que permite o reparto de citoplasma entre as dúas células procedentes dunha división celular. -Microtúbulos: Filamentos individuais rectilíneos que se estenden polo citoplasma. Participan no transporte intracelular e forman o fuso mitótico, os centríolos e os corpos basais de cilios e flaxelos.